Comezamos a segunda semán con menos nervios. Os nenos volven do fin de semán coa sua carpeta e o conto coa ficha, nal cal traen feito un debuxo relacionado co conto.
Comezamos coa rutina de todos os días o nomeamento dos encargados, a posta do mandilón, a apertura das cortinas por parte dos nenos, fomentando deste xeito a autonomís dos cativos. Os encargados reparten os respectivos calendarios e os nenos van dicindo os días da semán e do mes en alto, incluso en inglés. posto que é luns a continuación temos unha asmablea sobre o fin de semán, nela os nenos contan que foi o que fixeron durante esos días e os outros nenos ointes teñen que poñerlle título.
Durante esta semán foron moitas, non moitisimas as actividades que se fixeron no horario lectivo. Estivemos cazando números, tanto en noticias do xornal lidas pola mestra, como encuadros de pintores como Renoir,Degas, Cézanne, Van Goht, Sorolla,Monet... Despois de cazar os números, ou obxectos nas imaxes con forma numérica os nenos inventan un conto por parellas, escribeno e fan un debuxo relacionado co conto. A posteriori expoñenlle o conto os seus compañeiros.
Tamén realizaron estimazóns co peso das duas mestras, xa que eles estaban pesados e medidos na semán anterior. Buscaron cal era o máis pesado e o menos dos seus iguais, e despois o das mestras. Vincularon estos datos coa noticia do xabarín, aprendendo deste xeito a entrelazar actividades, e non a illar coñecementos adquiridos entre diversas actividades.
Os xogos cooperativos tamén estiveron moi presentes tanto no exterior da aula como no interior, xa que se realizaron carreiras por idades,carreiras os números,"pato chosco", "zapatilla por detrás"... realizando sesións de relaxación despois de tanta actividadea física, mediante a audición de música cláisca.
O momento do recreo é un man a man cos cativos, xa que parece un cativiño máis correndo polo patio xogando o escondite, o pilla-pilla...deste xeito estou estreitando vínculos cos máis pequenos e o afecto cada vez e máis visible.
Desde a miña perspectiva destaco a axuda positiva da mestra a hora de orientar os pais na nutrición dos nenos, durante a semán os nenos teñan unha merenda determinada para cada día:
luns: fruta,martes:gaietas,mércores:bocadillo,xoves:iogurt e venres:fruta.
Nas clases de inglés seguen a traballar cun CD interactivo, onde estan adquirindo a noción e o nomeamento do esquema corporal.
Na clase de relixión xa estyan coa Navidade as voltas e cos adornos para a escola, os cales son elaborados polos nenos.
Na clase de Audición e linguaxe os neos estiveron soprando a unha vela para controlar os golpes de aire, escoitaron un conto e realizaron unha ficha.
Son moitas as anecdotas que nos deixa o día a día de frases peculiares se as queres coñecer so tendes que entrar no blog de Migallas de catoira, alí estan todas reunidas.
En canto as novas tecnoloxías, estan moi presentes os nenos teñen os xogos interactivos como "Cativadas"(é o máis solicitado por eles), "monigotes", "Los animales salvajes", "La familia Dibo...", la colección; EL flautista de Hamelín, El gato con botas, El soldadito de plomo
Tamén realizan mini sesións de cine através de películas en Dvd como son os debuxos de Pocoyo.
Mentres se producen os desdobles de aula, debido a que chega o mestre doutra especialedade como pode ser inglés,relixión ou A.L., a mestra Isaura aproveita para poñer o día o blog, ou buscar máis material através de internet, este período de tempo permiteme compartilo con ela,deste xeito estou adquirindo coñecementos novos sobre as tics e información sobre moitos blogs de educació infantil, en concreto escolas.
Personalmente so dicirvos que para min está sendo unha experiencia moi positiva, asi que a aproveitalo tempo,porque xa me esta dando pena ter que deixar esta vida na que desempeño o rol de mestra para volver o outro lado do campo, para o equipo dos estudantes.
viernes, 30 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario