Esta primeira semana foi increíble os primeiros días xa vos contei un pouquiño. Durante o Xoves e o Venres os vínculos que me unen os nenos estreitaronse moito máis xa que compartin a hora do recreo con eles como un pequerrecho máis, puden sentirme querida e o que máis me gusta e esa palabra que desprenda da sua boquiña dicindo "profe..", a quen non?.
Con respecto as novas tecnoloxías os nenos traen películas para ver en DVD, e xogan con xogos interactivos, por certo hoxe tivemos q chamar o técnico porque se nos estropeu un dos ordenadores que está a disposición dos nenos.
Comentado coa mestra, que nos temos blogs e temos que analizar dous relazionados coa educación infantil doume unha chea de direccións de blogs de escolas, e contoume que teñen un proxecto pensado para que os nenos poidan falarse através dos blogs, saudandose e vendo en imaxes, as diversas actividades que realizan, asi que polo que podedes observar as novas tecnoloxías estan moi presentes nesta pequena unitaria de 13 alumnos de entre 3-6 anos.
viernes, 23 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario