A semán foi moi entretida.
A Navidade chegou o noso "cole", o nenos colocaron a árbore e prepararon as figuras para o Belén. Foron uns momentos nos que a miña memoria me trasladou o pasado,concretamente, a aquel momento no que era eu a que vivía coa ledicia dun neno o momento de colocar a arbore e ir preparando a carta para os reis.
E tempo de ledicia,paz e amor e entre os pequenos respiranse esas ganas de navidade que todo cativo ten, as luces, a arbore o belén...calquera destes elementos son tema de fala cando son colocados nas suas casas.
A rutina diaria levouse acabo, destacando o cambio de mes. Moitas das actividades desta semán estan relacionadas coa navidade, ademáis de traballar os números, xa que siguen sendo uns pequenos cazadores. Tamén teño que mencionar o inicio da aparición das letras minúsculas.
A actividade que abarca máis tempo quizas sexa o mural de navidade que estan elaborando os nenos e que está colocado na entrada do cole, posto que consta de unhas casiñas as que se lle abren as portas e aparecen as fotos dos nenos, así como cunhas estrelas nas cales os nenos escriben mensaxes para a navidade.
As panxoliñas tamén nos visitan nesta época en todos os coles, e no noso xa comezamos a preparala para a gran actuación do último día xunto coa obra de teatro que estan a preparar as nais.
Tamén recibimos a visita da orientadora do CPI Progreso, xa que cada duas ou tres semáns visita o noso cole.
Nas clases de inglés e A.L. as actividades xa comezan a estar envoltas nun clima navideño.
Está semán tamén recibimos por correo ordinario o libro cos nenos de infantil do cole de Aguiño, a nosa resposta e unha foto de cada neno coa sua inicial e un poema que enviamos através dun correo electrónico, esperamos que lle guste, ademáis de algunha sorpresiña que lles chegara por correo ordinario.
En canto as novas tecnoloxías está semán estiveron moi presente encanto a xogos interactivos e o visionado de contos en DVD.
sábado, 8 de diciembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario