martes, 20 de noviembre de 2007

O meu segundo día

Hoxe foi o cumple de Ainhoa e celebramolo comendo "cake", soprando as velas.Ademáis estivemos vendo como podiamos crear unha caña de pescar fantástica e a partir das ideas que nos xurdiron creamos un conto colectivo,para isto empregamos por primeira vez un diccionario, o cal sorprendeu a todos os nenos polo gordo que era.
Tamén traballamos os números, xa que é o proxecto que ahora pretendemos levar a cabo.Estivemos clasificando e pegando o material que truxemos da casa nos diversos murais.
Leemos varios contos e tivemos clase de inglés coa teacher Mar.
Na clase de inglés aprenderon as partes do corpo a través de varias cancións e dun CD interactivo, coa sua correspondente ficha.
Os nenos portanse moi ben e aceptaronme sen ningún problema entre eles, non estrañan a miña presencia de feito reclamaban que eu estivese presente na clase de inglés, mentras me facían un sitio entre eles.

No hay comentarios: