viernes, 30 de noviembre de 2007

O cumple de Lois

Xa casi se me esquecía, que está semán foi o cumple de Lois. Celebramolo co0mendo "cake", e Lois recibiu dos seus compañeiros un debuxo de cada un. Ahora xa é todo un homiño de tres aniños.

Segunda semán en prácticas.

Comezamos a segunda semán con menos nervios. Os nenos volven do fin de semán coa sua carpeta e o conto coa ficha, nal cal traen feito un debuxo relacionado co conto.

Comezamos coa rutina de todos os días o nomeamento dos encargados, a posta do mandilón, a apertura das cortinas por parte dos nenos, fomentando deste xeito a autonomís dos cativos. Os encargados reparten os respectivos calendarios e os nenos van dicindo os días da semán e do mes en alto, incluso en inglés. posto que é luns a continuación temos unha asmablea sobre o fin de semán, nela os nenos contan que foi o que fixeron durante esos días e os outros nenos ointes teñen que poñerlle título.

Durante esta semán foron moitas, non moitisimas as actividades que se fixeron no horario lectivo. Estivemos cazando números, tanto en noticias do xornal lidas pola mestra, como encuadros de pintores como Renoir,Degas, Cézanne, Van Goht, Sorolla,Monet... Despois de cazar os números, ou obxectos nas imaxes con forma numérica os nenos inventan un conto por parellas, escribeno e fan un debuxo relacionado co conto. A posteriori expoñenlle o conto os seus compañeiros.
Tamén realizaron estimazóns co peso das duas mestras, xa que eles estaban pesados e medidos na semán anterior. Buscaron cal era o máis pesado e o menos dos seus iguais, e despois o das mestras. Vincularon estos datos coa noticia do xabarín, aprendendo deste xeito a entrelazar actividades, e non a illar coñecementos adquiridos entre diversas actividades.
Os xogos cooperativos tamén estiveron moi presentes tanto no exterior da aula como no interior, xa que se realizaron carreiras por idades,carreiras os números,"pato chosco", "zapatilla por detrás"... realizando sesións de relaxación despois de tanta actividadea física, mediante a audición de música cláisca.
O momento do recreo é un man a man cos cativos, xa que parece un cativiño máis correndo polo patio xogando o escondite, o pilla-pilla...deste xeito estou estreitando vínculos cos máis pequenos e o afecto cada vez e máis visible.
Desde a miña perspectiva destaco a axuda positiva da mestra a hora de orientar os pais na nutrición dos nenos, durante a semán os nenos teñan unha merenda determinada para cada día:
luns: fruta,martes:gaietas,mércores:bocadillo,xoves:iogurt e venres:fruta.
Nas clases de inglés seguen a traballar cun CD interactivo, onde estan adquirindo a noción e o nomeamento do esquema corporal.
Na clase de relixión xa estyan coa Navidade as voltas e cos adornos para a escola, os cales son elaborados polos nenos.
Na clase de Audición e linguaxe os neos estiveron soprando a unha vela para controlar os golpes de aire, escoitaron un conto e realizaron unha ficha.
Son moitas as anecdotas que nos deixa o día a día de frases peculiares se as queres coñecer so tendes que entrar no blog de Migallas de catoira, alí estan todas reunidas.

En canto as novas tecnoloxías, estan moi presentes os nenos teñen os xogos interactivos como "Cativadas"(é o máis solicitado por eles), "monigotes", "Los animales salvajes", "La familia Dibo...", la colección; EL flautista de Hamelín, El gato con botas, El soldadito de plomo
Tamén realizan mini sesións de cine através de películas en Dvd como son os debuxos de Pocoyo.
Mentres se producen os desdobles de aula, debido a que chega o mestre doutra especialedade como pode ser inglés,relixión ou A.L., a mestra Isaura aproveita para poñer o día o blog, ou buscar máis material através de internet, este período de tempo permiteme compartilo con ela,deste xeito estou adquirindo coñecementos novos sobre as tics e información sobre moitos blogs de educació infantil, en concreto escolas.
Personalmente so dicirvos que para min está sendo unha experiencia moi positiva, asi que a aproveitalo tempo,porque xa me esta dando pena ter que deixar esta vida na que desempeño o rol de mestra para volver o outro lado do campo, para o equipo dos estudantes.

Cambio de pequeexperiencias a migallas de catoira

http://migallasdecatoira.blogspot.com/

viernes, 23 de noviembre de 2007

Os pequerrechos da Baiuca

O remate da primeira semán

Esta primeira semana foi increíble os primeiros días xa vos contei un pouquiño. Durante o Xoves e o Venres os vínculos que me unen os nenos estreitaronse moito máis xa que compartin a hora do recreo con eles como un pequerrecho máis, puden sentirme querida e o que máis me gusta e esa palabra que desprenda da sua boquiña dicindo "profe..", a quen non?.

Con respecto as novas tecnoloxías os nenos traen películas para ver en DVD, e xogan con xogos interactivos, por certo hoxe tivemos q chamar o técnico porque se nos estropeu un dos ordenadores que está a disposición dos nenos.

Comentado coa mestra, que nos temos blogs e temos que analizar dous relazionados coa educación infantil doume unha chea de direccións de blogs de escolas, e contoume que teñen un proxecto pensado para que os nenos poidan falarse através dos blogs, saudandose e vendo en imaxes, as diversas actividades que realizan, asi que polo que podedes observar as novas tecnoloxías estan moi presentes nesta pequena unitaria de 13 alumnos de entre 3-6 anos.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

O meu terceiro día

Hoxe estivemos terminando de crear o conto da cana de pescar fantática, a cal segun a ideas dos propios nenos pescaba chuvia que almacenaba nun deposito, esto vinculamolo co cambio climático.
Moldeamos plasti e xogamos o escondite todos, na aula de psicomotricidade.
Durante o recreo algúns dos nenos poden ter acceso as novas tecnoloxías mediante un ordenador colocado na aula que durante o momento do recreo ten un xogo interactivo,para que deste xeito os nenos se familiaricen coas novas tecnoloxías.
Desde a miña perspectiva estou mmoi copntenta e vexo que os nenos amosanse contentos de terme entre eles, do mesmo xeito que amosan interese polas novas tecnoloxías.

martes, 20 de noviembre de 2007

O meu segundo día

Hoxe foi o cumple de Ainhoa e celebramolo comendo "cake", soprando as velas.Ademáis estivemos vendo como podiamos crear unha caña de pescar fantástica e a partir das ideas que nos xurdiron creamos un conto colectivo,para isto empregamos por primeira vez un diccionario, o cal sorprendeu a todos os nenos polo gordo que era.
Tamén traballamos os números, xa que é o proxecto que ahora pretendemos levar a cabo.Estivemos clasificando e pegando o material que truxemos da casa nos diversos murais.
Leemos varios contos e tivemos clase de inglés coa teacher Mar.
Na clase de inglés aprenderon as partes do corpo a través de varias cancións e dun CD interactivo, coa sua correspondente ficha.
Os nenos portanse moi ben e aceptaronme sen ningún problema entre eles, non estrañan a miña presencia de feito reclamaban que eu estivese presente na clase de inglés, mentras me facían un sitio entre eles.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Inicio de prácticas

La experiencia esta siendo muy buena y gratificante para mi. Muchos de los alumnos ya han estado conmigo en una ludoteca. Para ser sincera los nervios han estado muy presentes, pero controlados.
Comienza la jornada a las 09:00 horas, para romper el hielo se comienza todos los lunes con la asamblea del fin de semana, através de la cual los niños cuentan que hicieron durante el mismo. a continuación trabajamos los días de la semana y los meses, amodo de rutina diaria. aposteriori se cantan unas canciones, y despues se realizan las fichas.
Tras la merienda se realiza el recreo en el aula de psicomotricidad, si el tiempo no acompaña. En el mismo aula se ve una peli, en este caso el zorro y el lobo,se comenta y a continuación se cambia de aula y trabajamos con los numeros como centro de interes, antes de irse para casa se lee un cuento "Corre,corre calabaciña..." y se produce la salida a las 14:00 horas.

jueves, 8 de noviembre de 2007

Diario de prácticas

Este blog será empleado como un diario de prácticas, en el que resumire las experiencias que voy a vivir durante el período que abarca del 19-11-2007 al 21-12-2007.

O meu primeiro blog!!!


Hola!!!!!!!!
Este blog espero que sea el inicio de una nueva etapa,en la que redactar experiencias e información sobre la educación, especialmente la educación infantil.